Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Concello de Soutomaior, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato de obras a que se refire este anuncio.

Simultaneamente ó concurso, exponse ó público o prego de condicións polo prazo de catro días hábiles desde a súa publicación no BOP ou no DOG último no que se publique, aprazándose no suposto de que se presenten reclamacións contra el.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Soutomaior.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de saneamento en Moreira e Alxán.

b) Lugar de execución: Soutomaior.

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Orzamento de execución por contrata: 12.263.703 de ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2% do prezo base de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidad e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a da presentación das proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 17 da LCAP.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG último no que se publique.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Soutomaior.

2ª Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

3ª Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Melloras no proxecto técnico, que poderán consistir na execución de máis número de unidades de obra das descritas, na mellora da calidade dos materiais descritos no proxecto ou noutras modificacións que representen un aumento da calidade final do proxecto executado.

2. Reducción no prazo de execución.

3. Obras de carácter análogo á licitada que executase o licitador.

Os criterios antes sinalados ponderaranse como a continuación se especifica:

-Criterio 1: ata 80 puntos.

-Criterio 2: ata 10 puntos.

-Criterio 3: ata 10 puntos.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidade: Soutomaior.

d) Data: o 8 de setembro de 1999, salvo que non trascorrese o prazo previsto na cláusula 11 do prego, caso no que se levará a cabo o quinto día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, o seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Soutomaior, 23 de xullo de 1999.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde