Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de xullo de 1999, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oza do Ríos, que se somete a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo calquera entidade ou persoa poderá coñecer e exa

mina-la documentación integrante do plan xeral e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Igualmente o Pleno da Corporación acordou suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión terá unha duración máxima dun ano e, en calquera caso, extínguese coa aprobación definitiva do planeamento.

Oza dos Ríos, 30 de xullo de 1999.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde