Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO.

Con data do 26 de xullo de 1999, foi aprobado pola Alcaldía-Presidencia o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de pavimentación do camiño de acceso a distintos núcleos de Toén e saneamento e pavimentación en Toén, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación:

-Pavimentación do camiño de acceso a distintos núcleos de Toén: 12.767.352.

-Saneamento e pavimentación en Toén: 13.790.000.

Fianza provisional: 2% de cada un dos orzamentos.

Fianza definitiva: 4% do tipo de licitación.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do 2º día hábil (agás sábado), a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Toén. Teléfono: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.

Toén, 26 de xullo de 1999.

José Puga Suárez

Alcalde