Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público aberto, da asistencia para a realización dos traballos de organización do Congreso Galaico-Portugués de Comunicación, baixo o lema Galicia e Portugal: a comunicación euro-rexional no século XXI.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, por proposta da Secretaría Xeral para as

Relacións cos Medios Informativos, convoca o seguinte concurso público aberto. Regularase conforme o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e o Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da antedita lei, e demáis lexislación concordante.

Obxecto do contrato.

Execución dos traballos de asistencia que se precisen para a organización e realización do Congreso Galaico-Portugués de Comunicación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de novembro de 1999, baixo o lema «Galicia e Portugal: a comunicación euro-rexional no século XXI».

O orzamento máximo para a realización do citado traballo, IVE incluído, será de 6.500.000 pesetas (39.065,79 euros), con cargo á aplicación orzamentaria 04.08.361A.640.00. Neste orzamento estarán incluídos os impostos e demais gastos inherentes a ela.

Garantías.

-Provisional: 2% do orzamento da licitación 130.000 pesetas ( 781,32 euros ).

-Definitiva: 4% do orzamento da licitación 260.000 pesetas ( 1.562,63 euros ).

-Clasificación e categoría: non se esixe.

Presentación de ofertas.

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural, seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en día inhábil, o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán as súas ofertas en dous sobres pechados (1 e 2) e conterán os documentos previstos nos puntos VIII e IX do prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co artigo 80 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administración públicas.

c) Lugar de presentación: a documentación entregarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano ) ou no da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos en Santiago de Compostela, ou tamén por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formalizarase conforme o modelo que se xunta como anexo I (modelo de proposición) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación na sala da Consellería da Presidencia e Administración

Pública, ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os documentos de interese para os licitadores, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares como o de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, sita nas dependencias do Pazo de Raxoi ou no edificio admiminstrativo de San Caetano. Teléfono de aclaracións: 981 54 12 39.

Anuncios.

O custo do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos