Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, con trámite de urxencia, para a adquisición de uniformes para o persoal subalterno da Consellería da Presidencia e Administración Pública e os conductores do parque móbil da Xunta de Galicia.

Obxecto: adquisición de vestiario para os subalternos da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do PMX.

Orzamento de licitación: 5.507.726 pesetas (33.102,099 euros).

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 110.155 pesetas (662,068 euros).

Fianza definitiva: 220.309 pesetas (1.324,136 euros).

Modelo de proposición: o que figura no anexo I do prego de cláusulas administrativas.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre cerrado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 23 de agosto de 1999.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 26 de agosto de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública