Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.102

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 1998), pola que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 30 de xullo de 1999, os tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, acordaron:

Primeiro.-Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, unha vez resoltas as reclamacións presentadas polos interesados.

Segundo.-Publica-las ditas puntuacións, como anexo á presente resolución.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recursos de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

Juan José Álvarez PérezJaime García García

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Álvarez Vidal

Presidente do tribunal nº 3