Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aguas de Cabreiroá, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aguas de Cabreiroá, S.A. de Ourense (código convenio 3200012), con entrada nesta delegación provincial o día 9-6-1999 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 7-6-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 1 de xullo de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de Aguas de Cabreiroá, S.A., 1999

Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio é de ámbito empresarial e de aplicación obrigatoria á empresa Aguas de Cabreiroá, S.A., con domicilio social en Verín (Ourense), dedicada á explotación e envasado de augas minerais-naturais. Igualmente afectará as factorías, dependencias, sucursais ou delegacións que a empresa teña con persoal ó seu servicio, incluído en nómina dentro da provincia ou fóra dela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afectado por este convenio o persoal da empresa a que fai menciín o artigo 1, salvo as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Así mesmo, as partes entenden que para mellorar-lo precario sistema de contratación actual, a empresa contratará preferentemente traballadores procedentes do Inem, aínda que se fose imprescindible a contratación de traballadores a través de empresas de traballo temporal, para labores distintos ós de producción, o salario que se lles aplicaría a estes traballadores achegaríase o máis posible ó vixente para a mesma categoría nesta empresa, condición que se fará constar na oferta de emprego.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

A duración deste convenio será de 1 ano, comezando os seus efectos económicos o 1 de xaneiro de 1999 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 1999.

O convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se non fose denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación alomenos ó remate da súa vixencia. As condicións da denuncia serán as que determine o Estatuto dos traballadores, permanecendo vixente o texto ata a sinatura dun novo.

Artigo 4º.-Compensación é absorción.

Tódalas melloras que se implanten por norma xeral serán compensadas e absorbidas ata onde acaden as deste convenio, de forma individualizada e en cómputo anual.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta composta polos vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal.

Complétase a ordenanza vixente coa definición das segintes categorías:

-Técnico titulado de laboratorio: é o que co título de facultativo oficial realiza as funcións de analista de control de calidade, con responsabilidade, dependendo directamente da dirección da empresa.

-Laborante: é o productor experto en análises e traballos de laboratorio que, sen título facultativo, leva a cabo as funcións indicadas como auxiliar técnico titulado.

-Capataz: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas ás que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.

-Peón: é o operario que executa labores nos que se require predominante esforzo físico, sen necesidade de práctica operativa ningunha. Esta categoría só poderá aplicarse ó persoal contratado por tempada para carga e descarga e non ó ingreso como fixo no cadro de persoal como operario de embotellado.

-Operario de fabricación de envases: é o operario encargado da supervisión, contro e manipulación das máquinas de fabricación de envases.

Artigo 7º.-Xornadas de traballo.

Establécese unha xornada de 1.784 horas efectivas de traballo en cómputo anual, equivalente a 40 horas efectivas de traballo semanal. A xornada diaria será de 8 horas, de luns a venres. A devandita xornada será flexible e a empresa distribuiraa ó longo do ano atendendo as necesidades de envasado e os períodos de maior demanda. Poderá establecerse xornada continuada ou partida, respectándose en todo caso os máximos legais.

No caso de realizarse xornada continuada, os traballadores terán dereito a 15 minutos para bocadillo por conta da empresa, a cal se computará como xornada efectivamente traballada para tódolos efectos.

A empresa poderá establecer quendas de traballo cando as necesidades de organización do traballo así o aconsellen, sen que isto supoña ningunha variación na retribución do persoal afectado. Os representantes dos traballadores serán informados de calquera variación no sistema de quendas.

Calquera cambio na composición e o horario das quendas deberá ser coñecido polos interesados o penúltimo día laborable da semana anterior.

As quendas na sección de extrusión serán de oito horas efectivas de luns a venres, acumulándose 15 minutos diarios en horas de vacacións, que serán desfrutadas polo persoal desta sección en forma adicional ó pactado no artigo 8º, durante os meses de outubro a decembro.

Na organización das quendas teranse en conta as circunstancias persoais de cada empregado, sempre que non deterioren a organización do traballo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá dereito a trinta días naturais de vacacións durante o ano 1998.

O salario que se percibirá durante o período de vacacións será o real estipulado neste convenio.

As vacacións concederanse de acordo coa necesidades do persoal, aínda que a empresa se reserva a facultade de concedelas fóra da época de campaña, comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ámbalas dúas inclusive.

O calendario laboral, no que se inclúe o período de vacacións, será negociado entre os representantes dos traballadores e a empresa.

Para o desfrute dos 23 días fóra da tempada de verán terase en conta que deben pasar como mínimo dúas semanas entre o desfrute dos sete días de verán e os seguintes por desfrutar.

Para evitar que una enfermidade a fin de ano prive a un traballador das súas vacacións establécese que, cando o período de vacacións desfrutadas mailos días que por calquera causa estivese de baixa sexan menos de 35 días naturais, os días que lle quedan de vacacións pendentes ó remata-lo ano, se desfrutarán no seguinte.

Artigo 9º.-Retribucións.

A retribución constará de:

-Salario base.

-Complementos salariais.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base será o que se especifica na táboa de salarios anexa.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios do 4% sobre o salario base.

Artigo 12º.-Gratificación de carencia de incentivos.

Establécese unha gratificación de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia.

A gratificación de carencia de incentivos consistirá no pecibo por cada traballador, individualmente e por cada día laborable, das cantidades que constan na táboa de salarios deste convenio por este concepto. A devandita gratificación en vacacións aboarase polos días naturais do período vacacional.

Artigo 13º.-Sistema de incentivos.

A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incentivos á producción, non podendo ser menos en cómputo anual os establecidos no convenio como gratificación de incentivos.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán en dúas pagas extraordinarias, dunha mensualidade de salario base máis antigüidade, cada unha, pagadeiras unha en xullo e outra en decembro.

Ademais, a empresa pagará, en concepto de participación de beneficios, outra mensualidade de salario base máis antigüidade, que deberá facerse efectiva

no primeiro trimestre de cada ano e por anos vencidos.

A percepción de cada unha das pagas realizarase dentro dos 15 primeiros días do mes que corresponda.

Artigo 15º.-Xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación, concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade en proporción ós seus anos de servicio na empresa, de acordo coa seguinte escala:

5 anos: 2 mensualidades.

10 anos: 3 mensualidades.

15 anos: 4 mensualidades.

20 anos: 5 mensualidades.

25 anos: 6 mensualidades.

De 30 anos en diante: unha anualidade.

Artigo 16º.-Gratificación de vixilancia e garda xuramentado.

En concepto de perigosidade, establécese unha gratificación para os que exerzan as devanditas funcións, consistente no 10% do salario base.

Artigo 17º.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós tres anos de exerce-las devanditas funcións na empresa, deberán ascender automaticamente á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 18º.-Seguro de vida e accidente.

A empresa estará obrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado por convenio que cubra as seguintes indemnizacións:

-Morte por accidente: 2.000.000 de pesetas.

-Morte por calquera outra causa: 1.500.000 pesetas.

-Invalidez permanente absoluta e total: 2.000.000 de pesetas.

Os beneficiarios deste seguro serán o cónxuxe viúvo ou, se é o caso, os que teñan dereitos do traballador asegurado.

O prazo para concretar este seguro para o persoal de novo ingreso será de seis meses, a partir do día no que o traballador cause alta na empresa.

Artigo 19º.-Gratificación por matrimonio.

Tódolos traballadores cunha antigüidade de alomenos tres anos na empresa terán dereito cando casen a unha gratificación dun mes de salario base máis antigüidade.

Artigo 20º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores da empresa comprométense a facilita-la xubilación anticipada ós 60 anos, acolléndose ós convenios e normativas que poidan establecerse co réxime de Seguridade Social.

A empresa permitirá a xubilación anticipada da seguinte maneira:

Ós 61 anos: 4 mensualidades.

Ós 62 anos: 3 mensualidades.

Ós 63 anos: 2 mensualidades.

Ós 64 anos: 1 mensualidade.

Artigo 21º.-Salario anual.

En función do establecido no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, establécese un salario anual para a categoría de peón en función das 1.784 horas anuais de 1.337.482 ptas., sen conta-la antigüidade.

Para os efectos deste convenio entenderase por mensualidade a doceava parte da anualidade.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a solicitar licencia retribuída de tres días por falecemento de pais, cónxuxe, fillos ou irmáns, segundo establece o artigo 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o seu correspondente na ordenanza laboral.

O persoal afectado neste convenio terá dereito a solicitar licencia retribuída dun día por falecemento de familiares de segundo grao e sobriños.

Igualmente terá dereito a solicitar licencia retribuída dun día no caso de voda dun fillo, cando esta sexa en día laborable ou sexa nun lugar noutra provincia distinta á de Ourense.

Igualmente poderá asistir á consulta da Seguridade Social en Verín (incluso para acompañar a fillos menores de 12 anos), obrigándose a a entregar xustificante emitido polo médico en calquera caso.

Artigo 23º.-Excedencia.

Todo o persoal afectado por este convenio ten dereito á excedencia de acordo coas normas establecidas no Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Vestiario.

A empresa subministraralles ós traballadores dous equipos de traballo ó ano.

É obriga dos empregados coida-los equipos de traballo e preocuparse da súa limpeza e correcto uso.

Artigo 25º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores/as afiliados/as, as centrais ou sindicatos, a empresa descontará nas nóminas mensuais dos traballadores/as o importe das cotas sindicais correspondentes. O traballador/a interesado/a en tal operación remitia á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número da conta á que deberá ser transferida a correspondente cantidade.

Artigo 26º.-Accidente laboral.

No caso de accidente laboral ou enfermidade profesional, a retribución será do 100% do salario, que se contabilizará desde a consideración como baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional.

No caso de baixa por enfermidade, o traballador percibirá o 100% do salario a partir do 30º día de baixa. Os accidentes non laborais levarán a prestación económica que en cada momento estableza a lexislación vixente.

Artigo 27º.-Lexislación complementaria.

Mentres non se estableza unha lei que regule as relacións laborais, as partes acóllense ó que determinan o Estatuto dos traballadores, a Lei de liberdade sindical e a ordenanza laboral do sector.

Artigo 28º.-Contratos en formación.

En caso de que se realicen contratos de formación, o salario para estes traballadores será igual ó salario do axudante de embotellado.

Poderán facerse a traballadores con idades comprendidas entre os 16 e 21 anos, por un mínimo de 6 meses e un máximo de 24 meses.

Artigo 29º.-Contrato en prácticas.

Tódolos contratos en prácticas, conforme establece a lexislación vixente, faranse por un mínimo de 6 meses e un máximo de 24. O salario que se lles aboará ós traballadores será do 85% do primeiro ano e do 95% o segundo, da categoría para a que se contratan.

Artigo 30º.-Compromiso de contratación indefinida.

Todo traballador que leve na empresa 12 meses ininterrompidos de contrato pasará a ser indefinido.

Artigo 31º.-Cláusula de revisión salarial.

Se o IPC o 31-12-1999 supera o 1,8%, unha vez coñecido este, incrementarase o 0,7%, aplicándose ás táboas do dito ano a diferencia que exista co 2,5% asinado.

ANEXO

Táboa salarial ano 1999

CategoríaSalario base

mes

Gratificación

día

Persoal técnico:
Licenciados ou titulados141.664
Técnico titulado121.371

Non titulados:
Encargado xeral121.871
Encargado sección113.280

Persoal administrativo:
Xefe 1ª91.1701.250
Xefe 2ª91.1701.250
Oficial 1ª88.889938
Oficial 2ª88.120830
Auxiliar86.325583

Persoal mercantil:
Xefe de vendas127.861938
Inspector de vendas88.889938
Viaxante88.889938
Corredor de praza88.889938

Persoal obreiro:
Capataz88.889938
Operario de embotellamento86.325583
Aprendiz86.325583
Oficial 1ª88.889938
Conductor repartidor88.889938
Oficial 2ª88.120830
Oficial 3ª88.120830
Axudante86.325583
Conductor86.325583
Laborante86.325583

CategoríaSalario base

mes

Gratificación

día

Fabricante de envases:
Operario fabricación envases

(compensación mes)

86.325

13.560

583
Oficial de 2ª

(compensación mes)

88.120

13.560

830
Oficial de 3ª

(compensación mes)

88.120

13.560

830

Persoal subalterno:
Peón79.795464
Almacenista79.795464
Ordenanza79.795464
Viaxante79.795464
Porteiro e conserxe79.795464
Telefonista79.795464
Limpadoras79.795464
Mozo recados79.795464