Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 09 de agosto de 1999 Páx. 10.105

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provision da praza 98/086 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/086, convocada por Resolución do 18 de decembro de 1998 (BOE do 30 de xaneiro de 1999), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Praza nº: 98/086.

Comisión titular:

Presidente: Sánchez Martos, Jesús, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Secretario: Romero Martín, Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Donat Colomer, Francisco José, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Martínez Rodríguez, Adelina, profesora titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Iglesias Pérez, Francisca M., profesora titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidente: Villarino Marín, Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Secretario: Pichel Guerrero, María Josefa, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Ojeda Pérez, Benedicta, catedrática de escola universitaria. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Sánchez Cifuentes, Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

LLuch Canut, M. Teresa, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Barcelona.