Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU 235/98P e dous máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 29 de xuño de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 235/98-P.

Denunciado: Miguel Ángel Rodríguez Pomar.

DNI: 76.704.135.

Último domicilio coñecido: r/ Gran Capitán, 15-17, 10 D (San Andrés de Rabanedo). León.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

ANEXO II

Expediente: OU 243/98-P.

Denunciado: Fernando Iglesias Gómez.

DNI:

Último domicilio coñecido: r/ Juan de Anges, 1-4º A (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

ANEXO III

Expediente: OU 251/98-P.

Denunciado: Miguel González Sepúlveda.

DNI: 34.958.376.

Último domicilio coñecido: r/ Curros Enríquez, 26-4º I (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.