Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación das incoacións dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei de pesca fluvial OU 16/99P e dous máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 29 de xuño de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 16/99P.

Denunciado: Óscar Rodríguez Pérez.

DNI: 76.724.401.

Último domicilio coñecido: rúa A Moa, s/n. Trives (A Pobra de Trives). Ourense.

Feito denunciado: pescar en época de veda e sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.8º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de entre 50.001 pesetas e 500.000 pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO II

Expediente: OU 41/99P.

Denunciado: Ricardo Couto Blanco.

DNI: 34.947.275.

Último domicilio coñecido: Avda. de Buenos Aires, 165-2º A. (Ourense).

Feito denunciado: ceba-las augas con asticot.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de entre 50.001 pesetas e 500.000 pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO III

Expediente: OU 96/99P.

Denunciado: Francisco Oliveira da Silva.

DNI: 76.727.899.

Último domicilio coñecido: Queizás (Verín). Ourense.

Feito denunciado: pescar sen licencia en vigor.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de entre 50.001 pesetas e 500.000 pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Instructora: Miriam López Areal.