Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 032SA/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, xa que intentada a notificación esta non puido ser efecutada polo servicio de correos.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 032SA/99.

Denunciado: Veleiro Sánchez, José Alfredo.

DNI: 35.198.430-N.

Último enderezo coñecido: Baro Pedrosa nº 30, Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: transportar animais vivos, procedentes do mercado de Amio (Santiago de Compostela) carecendo do certificado de ter inscrito o vehículo para transportar animais vivos no Serv. de Sanidade Animal e Vex. desta consellería.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde do 4-4-1997 e artigo 52.4º do Regulamento de epizootias en Relac. co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.