Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se anunica contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración e instalación de dous transmisores de sinal dixital para AGI.

Orzamento da subministración: 73.500.000 pesetas, IVE incluído, dividido en dous lotes:

-Lote 1: 36.750.000 pesetas, IVE incluído.

-Lote 2: 36.750.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1999.

Fianza provisional:

-Lote 1: 735.000 pesetas.

-Lote 2: 735.000 pesetas.

-Lote 1 e 2: 1.470.000 pesetas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 7.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 7.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do décimo día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 43 14.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán de conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo