Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 170SA/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, xa que intentada a notificación esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 170SA/99.

Denunciado: Méndez Díaz, José.

DNI: 33.807.022

Último enderezo coñecido: Avda. da Coruña, 425,2º dta., Lugo.

Feitos denunciados: transportar 4.500 galiñas sen ningunha identificación, carecendo da autorización de traslado, da declaración escrita de limpeza e desinfección e da identificación do camión mediante as marcas ofic. aprobadas.

Tipificación da infracción; Regulamento de epizootias: 17 da Lei de epizootias 1º e 7º punto 2 e 12 do Decreto 355/1994, 1º da Orde do 23-8-1995 en relación cos artigos 217.3º e 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 30.000 ptas.