Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro seccionamento Baixada Ós Ríos-Teis 90.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 238 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Avda. Galicia ata o centro seccionamento que se proxecta en Baixada Ós Ríos-Teis 90, concello de Vigo. Centro de seccionamento con 3 l.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de xuño de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra