Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. Marzán-Pardiñas (Foz).
Situación: Foz.
Características técnicas: L.M.T. Marzán-Pardiñas de 2.221 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LARL-125. Derivación de L.M.T. Marzán-Pardiñas ó C.T. de Forxán de 50 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. Derivación da L.M.T. Marzán-Pardiñas ó C.T. de Alán de 60 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. Derivación da L.M.T. Marzán-Pardiñas ó C.T. de Núñez de 37 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. Derivación da L.M.T. Marzán-Pardiñas ó C.T. de Celta de 32 m a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 9 de xuño de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo