Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. praza Xeneral Franco-O Pino.
Situación: Vila de Cruces.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio s/n da L.M.T. Cruces ata o C.T. que se proxecta na praza Xeneral Franco-O Pino, concello de Vila de Cruces. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 72 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de xuño de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra