Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia denominado: redacción do proxecto básico e de execución dun observatorio astronómico en Monte Faro e instalacións complementarias.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e fax do órgano de contratación.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Urbanismo.

Edificios administrativos da Xunta de Galicia.

San Caetano, s/n.

15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

Teléfonos: 981 54 43 71 e 981 54 43 82.

Fax: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

2. Categoría de servicio e descrición (artigo 207 da Lei 13/1995, do 18 de maio). Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Asistencia técnica para execución do traballo de redacción do proxecto básico e de execución dun observatorio astronómico en Monte Faro e instalacións complementarias.

Procedemento: concurso aberto.

Clave: 99-16-ESUR.

Orzamento: 28.000.000 de pesetas.

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia (España).

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo de execución.

3 (tres) meses a partir da sinatura do contrato.

6. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente.

Ver punto 1 deste anuncio.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude.

Durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Data límite de presentación de ofertas.

O 22 de setembro de 1999.

8. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o día 28 de setembro de 1999, ás 10 horas.

9. Garantías esixidas.

Fianza provisional: 560.000 pesetas.

10. Modalidade de pagamento.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias do contrato.

Escritura pública.

12. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

a) A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras.

b) A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 da LCAP, mediante presentación dos seguintes documentos:

-Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes. É condición indispensable que no equipo figuren un arquitecto superior e alomenos outro titulado superior da rama de enxeñería.

-No caso de non pertencer ó cadro de persoal da empresa, documento de colaboración, aceptado e asinado polos responsables, con titulación superior, que compoñen o equipo.

-Declaración responsable dos medios técnicos e materiais dispoñibles para a execución do traballo.

13. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta.

3 (tres) meses desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

14.Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato, e se é posible, orde de importancia.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

16. Data de envío do anuncio.

O 30 de xullo de 1999.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda