Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia denominado: redacción das directrices de ordenación do territorio de Galicia.

1. Nome, enderezo, números de teléfono e fax do órgano de contratación.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda.

Dirección Xeral de Urbanismo.

Edificios administrativos da Xunta de Galicia.

San Caetano, s/n.

Teléfonos: 981 54 43 71 e 981 54 43 82.

Fax: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

2. Categoría de servicio e descrición (artigo 207 da Lei 13/1995, do 18 de maio). Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Asistencia técnica para execución do traballo de redacción das directrices de ordenación do territorio de Galicia.

Procedemento: concurso aberto.

Clave: 99-17-ESUR.

Orzamento: 92.000.000 de pesetas.

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia (España).

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo de execución.

Dezaoito (18) meses a partir da sinatura do contrato.

6. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente.

Ver punto 1 deste anuncio.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude.

Durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Fecha límite para a presentación de ofertas.

22 de setembro de 1999.

8. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 29 de setembro de 1999.

9. Garantías esixidas.

Fianza provisional: 1.840.000 pesetas.

10. Modalidade de pago.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato.

Escritura pública

12. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

a) A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras.

b) A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 da LCAP, mediante a presentación dos seguintes documentos:

-Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica. É condición indispensable que no equipo multidisciplinar figuren alomenos os seguintes profesionais:

1 Arquitecto superior.

1 Enxeñeiro de camiños, canles e portos.

1 Enxeñeiro agrónomo.

1 Licenciado en ciencias económicas.

1 Licenciado en xeografía.

1 Licenciado en dereito.

1 Biólogo e 1 sociólogo.

13. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta.

Tres (3) meses desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

16. Data de envío do anuncio.

30 de xullo de 1999.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda