Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se lle comunica a Manuel Geada Reigosa a resolución do procedemento de recuperación de oficio da posesión dun local situado no instituto de ensino secundario A Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo).

Intentada notificación no último domicilio coñecido e non podendo practicarse ó ser devolta polo servicio de correos caducada en lista, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común notifícase, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Monforte de Lemos e no Diario Oficial de Galicia, a seguinte resolución:

Resolución do 25 de maio de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio, pola que se acorda a recuperación de oficio da posesión dunha vivenda localizada no instituto de ensino secundario A Pinguela, na rúa Estrada de Sober, s/n, Monforte de Lemos (Lugo).

Antecedentes:

1. Orde do 16 de xaneiro de 1998 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios dos distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de decembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 16, do 26 de xaneiro).

2. Dilixencia de cesamento de Manuel Geada Reigosa, no IFP A Pinguela de Monforte de Lemos no seu posto de subalterno, con efectos administrativos desde o 27-1-1998, económicos 31-1-1998, asinada polo delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o 9 de febreiro e polo interesado o día 16 do mesmo mes.

3. Solicitude da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con data do 23 de abril de 1998.

4. Requirimento previo de desaloxo da Secretaría Xeral e do Patrimonio con data do 4 de novembro de 1998.

5. Informe-memoria da Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma, do 7 de xaneiro de 1999, sobre a recuperación de oficio dunha vivenda situada no instituto A Pinguela de Monforte de Lemos.

6. Resolución do 7 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda pola que se acorda o inicio do procedemento para a recuperación de oficio dunha vivenda ubicada no instituto A Pinguela de Monforte de Lemos.

Fundamentos de dereito:

1. Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente os seus artigos: 5 en canto ó réxime xurídico aplicable, 3 e 9 sobre o carácter demanial do inmoble, e 69 e seguintes para a recuperación da posesión.

2. Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, en relación cos seus artigos 182 e seguintes.

3. Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia nº 22, do 3 de febreiro), e artigo 2. A)1. do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Á vista do anteriormente exposto,

RESOLVO:

1º. Acorda-la recuperación de oficio da posesión dunha vivenda localizada no instituto de ensino secundario A Pinguela, na rúa Estrada de Sober, s/n, Monforte de Lemos (Lugo), titularidade que ten a Comunidade Autónoma de Galicia con carácter demanial, da que resulta acreditada a súa indebida ocupación por Manuel Geada Reigosa.

2º. Apercibir a Manuel Geada Reigosa de que se no prazo improrrogable de oito días, contados desde o seguinte ó da notificación da presente resolución, non desaloxa o inmoble que ocupa sen título, procederase á execución forzosa do lanzamento.

3º. Esta resolución non pon fin a vía administrativa, e contra dela poderase interpoñer recurso administrativo de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o conselleiro de Economía e Facenda, conforme o disposto nos artigos 107 e 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemneto administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.

P.A.

Pablo Moure Parrilla

Subdirector xeral do Patrimonio da Comunidade

Autónoma, instructor