Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

EDICTO.

Próximo a remata-lo prazo legal polo que se nomeou xuíz de paz substituto deste concello, en cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e co fin de proceder á nova elección, ábrese a seguinte convocatoria:

1. Obxectivo: presentación de solicitudes perante o alcalde-presidente deste concello, por parte de quen desexe exerce-lo cargo de xuíz de paz substituto.

2. Prazo de presentación: 15 días hábiles da partir da última publicación no BOP ou no DOG.

3. Condicións legais dos solicitantes:

a) Ser español e maior de idade.

b) Estar capacitado física e psiquicamente para a función xudicial.

c) Non estar condenado por delicto doloso mentres non se obtivese a rehabilitación.

d) Non estar procesado ou inculpado por delicto doloso en tanto non sexa obsolto ou se dicte auto de sobresemento.

e) Os que estean en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

4. Xuntaranse á solicitude os documentos seguintes:

Certificación de nacemento ou fotocopia auténtica do DNI.

Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes de declaración complementaria de conducta cidadá.

Xustificante de méritos (de alegalos o solicitante).

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

A Pontenova, 23 de xuño de 1999.

Enrique Fernández González

Alcalde