Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

Órgano: Comisión de Goberno do Concello da Pobra de Trives.

Dependencia trámite do expediente: secretaria do concello.

Expediente: 1-2/99/C/F.C.L./P.P./99.

2. Obxecto do contrato:

1. Execución das obras de abastecemento e sanemento en Coba (Aldea Grande), F.C.L. 99 e saneamento parroquia de San Mamede, Plan Provincial 99.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento e forma: aberto-concurso.

3. Orzamento: 12.913.733 ptas. F.C.L. e 14.300.000 ptas. P.P.

4. Garantía provisional: 258.275 ptas. e 286.000 ptas., respectivamente.

5. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello da Pobra de Trives.

Enderezo: Paseo de San Roque, nº 4, 32780-A Pobra de Trives-Ourense. Teléfono: 988 33 00 00. Fax: 988 33 10 10.

Data límite para a obtención da documentación e información: dous días antes de finaliza-lo prazo para a presentación de proposicións.

Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica, con clasificación E-1, categoría C.

6. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da data da derradeira publicación do anuncio no DOG ou BOP.

Documentación que hai que presentar: a que se explicita no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro do Concello da Pobra de Trives, de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. Domicilio en paseo de San Roque, nº 4, 32780, A Pobra de Trives-Ourense.

Prazo durante o cal o licitador mantén a súa oferta.

7. Apertura de ofertas:

Lugar: salón de sesións do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel que remate o prazo de presentación de propostas, ás 12 horas. Se este día fose sábado ou inhábil a apertura efectuarase o luns ou día hábil seguinte. Se a mesa tivese que constituírse despois do 15-8-1998 a apertura efectuarase o 6-9-1998.

8. Outras informacións: Concello da Pobra de Trives.

9. Gastos de anuncio: a cargo do adxudicatario.

Pobra de Trives, 27 de xullo de 1999.

Luis Álvarez González

Alcalde