Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (11/1999).

Polo Pleno Municipal, na sesión do 23 de xullo de 1999, adoptouse o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Inmobiliaria Masar, S.L., para o desenvolvemento do APE H4.02 do vixente plan xeral, na rúa Adelaida Muro, número 12-14.

O que se publica para xeral coñecemento significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte no que se practicou a notificación, se ben previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes. Neste caso contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses a contar desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, no de seis meses a contar desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 27 de xullo de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo da Coruña