Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día vintenove de abril de mil novecentos noventa e nove, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle (modificado) promovido por Teodoro Moreda Fernández e outro e redactado polo arquitecto Francisco M. Moreda Gil, referido á parcela sita no solo urbano de San Bartolo (San Cosme de Barreiros).

Contra o citado acordo poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio, ou calquera outro que puidese considerarse procedente.

Barreiros, 12 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado