Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial 98/0239.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de xuño de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-98/0239.

Denunciado: José M. Suárez Vales.

DNI: 34.888.860.

Último enderezo coñecido: Antón Losada Diéguez 19-1º A, A Corveira, 15189-Culleredo (A Coruña).

Feito denunciado: pescar nun tramo acoutado sen autorización.

Tipificación infracción Lei de pesca: artigo 34.10º en concordancia co 91.10º; cualificación menos grave.

Sanción: 50.001 ptas., inhabilitación 1 año.