Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial 98/0287.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento

sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 29 de xuño de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-98/0287.

Denunciado: Javier Bartolomé Martín.

DNI: 01.179.218.

Último enderezo coñecido: Adormideras, Edif. Artea 5-12, A Coruña.

Feitos denunciados: pescar en horas prohibidas e utilizar artefactos de uso non permitido.

Tipificacion Lei de pesca: artigo 35.19º e 35.5º en concordancia co 98.19º e 92.5º; cualificación grave.

Sanción proposta: 500.001 ptas., multa 3.750 indemnización, inhabilitación dun ano e un día.