Examinado o expediente que presenta o centro privado Escuela Familiar Agraria Piñeiral de Arzúa,
no que solicita autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior xestión comercial e marketing da familia profesional de comercio e marketing.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 1651/1994 (BOE do 28 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en xestión comercial e marketing, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-lo ciclo formativo que se relaciona no anexo da presente orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nese centro.
Terceiro.-O centro que se autoriza, pola presente orde, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Arzúa.
Enderezo: Santa María, s/n.
Código do centro: 15020313.
Denominación específica: Escuela Familiar Agraria Piñeiral.
Titular: centro iniciativas para la fasa.
Ensinanzas que se autorizan: 1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e marketing da familia profesional de comercio e marketing (1 unidade).
Composición resultante:
a) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
b) Centro de formación profesional: 3 unidades de FP2 da especialidade de administración e xestión de empresas agrarias.
c) Centro de formación profesional específica: 1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e marketing da familia profesional de comercio e marketing (1 unidade).