Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 05 de agosto de 1999 Páx. 10.009

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VIII á Orde do 18 de xaneiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 18 de xaneiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas de bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria, prevé, no seu anexo VIII, a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 12 de maio), modificado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 5 de maio), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

Servicio de Publicacións da Universidade da Coruña:

-Publicación: Anuario da Facultade de Dereito.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Boletín ETSA.

Contía: 265.000 pesetas.

-Publicación: Cadernos-Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Lenguaje y Textos.

Contía: 175.000 pesetas.

-Publicación: Revista de Lexicografía.

Contía: 310.000 pesetas.

-Publicación: Revista Galega de Psicoloxía.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía.

Contía: 150.000 pesetas.

-Publicación: Sociológica.

Contía: 175.000 pesetas.

Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela:

-Publicación: Agora: Papeis de Filosofía.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Boletín Galego de Literatura.

Contía: 620.000 pesetas.

-Publicación: Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Nacc: Nova Acta Científica Compostelana.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Obradoiro de Historia Moderna.

Contía: 355.000 pesetas.

-Publicación: Moenia: Revista Lucense de Lingüística y Literatura.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Innovación Educativa.

Contía: 355.000 pesetas.

-Publicación: Revista Galega de Economía.

Contía: 705.000 pesetas.

-Publicación: Semata: Ciencias Sociais e Humanidades.

Contía : 530.000 pesetas.

-Publicación: Verba: Anuario Galego de Filoloxía.

Contía: 705.000 pesetas.

-Publicación: Estudios Penales y Criminológicos.

Contía: 265.000 pesetas.

-Publicación: Cuadernos Compostelanos de Derecho Romano.

Contía:150.000 pesetas.

Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.

-Publicación: Cadernos de Sociolingüística.

Contía: 150.000 pesetas.

-Publicación: Babel-Afial.

Contía: 200.000 pesetas.

-Publicación: Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación.

Contía: 440.000 pesetas.

-Publicación: Minius.

Contía: 265.000 pesetas.

-Publicación: Cooperativismo e Economía Social.

Contía: 200.000 pesetas.

-Publicación: Thalasas. Revista de Ciencias del Mar.

Contía: 530.000 pesetas.

-Publicación: Hesperia-Anuario de Filología Hispánica.

Contía: 150.000 pesetas.

Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC).

-Publicación: Cuadernos de Estudios Gallegos.

Contía: 220.000 pesetas.

Grupo de investigación de bioética de Galicia.

-Publicación: Cadernos de Bioética.

Contía: 200.000 pesetas.

Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (Adega).

-Publicación: Adega Cadernos.

Contía: 200.000 pesetas.

Colexio de Psicólogos de Galicia.

-Publicación: Cadernos de Psicoloxía.

Contía: 200.000 pesetas.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no punto primeiro desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso debe entenderse que quedan denegadas por non acadaren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de outubro de 1999, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999 pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento