Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de rede de saneamento en Cabanelas, Paciños, Varille e A Seara no concello do Carballiño. Prazo: 3 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 17.180.000 ptas., IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías: provisional: 343.600 ptas. Definitiva: 687.200 ptas.

6. Obtención de información e documentación: Concello do Carballiño, praza. Maior 1, 32500 O Carballiño. Teléfono: 988 53 00 07. Telefax: 988 53 00 08.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello do Carballiño (Ourense) durante os 26 días naturais desde o seguinte

ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8.30 á 14.30 de luns a venres, de 9 a 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 10.1 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B, e C, denominados de «Documentación xeral», «Proposición económica» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nas cláusulas X e XI dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 7 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado