Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 23 de xullo de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e o expediente de contratación mediante concurso, con procedemento aberto e urxente, para a adxudicación da obra titulada Instalación eléctrica para iluminación pública en catro lugares do concello de Oza dos Ríos (Veiga de Arriba, A Travesa, Muruxeses e A Igrexa).

Durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, queda exposto ó público na secretaría do concello o referido prego para os efectos de presentar reclamacións; anúnciase simultaneamente a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril, aínda que a licitación se aprazará no suposto de se formularen reclamacións contra o dito prego.

Obxecto do contrato e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución da obra denominada:

Instalación eléctrica para iluminación pública en catro lugares do concello de Oza dos Ríos (Veiga de Arriba, A Travesa, Muruxeses e A Igrexa).

Tipo de licitación: 8.265.436 ptas.

Prazo de execución.

Catro (4) meses.

Garantía provisional.

2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva.

4% do importe de adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, en horas das 9 ás 13.

Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións e sobres.

Presentaranse de acordo cos modelos que se recollen no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación.

As proposicións irán xunto coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para a contratación das mencionadas obras.

Oza dos Ríos, 24 de xullo de 1999.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde