Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de licitación.

Obxecto: contrato de execución das obras de canalización do río Inxerto III fase.

Orzamento: 12.785.310 ptas.

Garantía provisional: 255.706 ptas.

Garantía definitiva: será a cantidade equivalente ó 4% do orzamento de execución.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: poxa.

Presentación de proposicións: do xeito establecido no prego de cláusulas administrativas regulador da poxa, dentro dos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, no rexistro xeral deste concello. Se o último coincidise en domingo ou festivo, o prazo rematará o día laborable inmediatamente posterior.

Anuncio extenso: no BOP.

Narón, 9 de xullo de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde