Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión do 28 de xuño de 1999, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística 15/1998 no alargamento B, nas parcelas propiedade de José Manuel Santé Rivera y otros C.B. situadas na r/ Ponzos e bordo da estrada da Trincheira, sendo o teor do acordo o seguinte:

O Concello Pleno, en sesión do 29 de abril de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da uni

dade urbanística 15/1998, iniciada para a delimitación dunha unidade urbanística no alargamento B, nas parcelas propiedade de José Manuel Santé Rivera e outros C.B., situadas na rúa Ponzos e bordo da estrada da Trincheira, cualificadas no Plan xeral como edificable en 257,2 m e como zona verde (V-55) en 237 m na segunda parcela, e como equipamento docente (DEGB-8) en 224 m na terceira parcela e no ámbito da UR-20.

No Diario Oficial de Galicia, do 13 de maio de 1999 e no El Ideal Gallego, do 8 de maio de 1999 publicouse o anuncio de aprobación inicial, que se someteu a información pública no prazo de vinte días.

Cumpridos os trámites de información pública e non téndose presentado ningunha reclamación, segundo consta no certificado no rexistro xeral, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 8 de xuño de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou proporlle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 15/1998 no alargamento B, que abrangue as parcelas propiedade de José Manuel Santé Rivera e outros C.B., que compoñen as tres zonas da unidade. Zona 1, parcela de 257,2 m, destinada a edificación residencial, coas seguintes estremas: norte, da mesma propiedade; leste, r/ México; sur, parcela da mesma propiedade e oeste, colexio de Ponzos. Zona 2: parcela de 237 m destinada a zona verde de sistema local (V-55) que estrema: norte, beirarrúa peonil; sur, bordo da estrada da Trincheira; leste e oeste, parcela municipal. Zona 3: parcela de 224 m, destinados a equipamento docente (DEGB-8) de sistema local, que estrema: norte, parcela catastral 35666-21; leste, Santé Rivera; sur, colexio de Ponzos, e oeste, parcela catastral 35666-20. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos Arts.116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no Art. 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14-7-1998).

Ferrol, 7 de xullo de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde