Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión do 29 de abril de 1999, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística 22/1998 no alargamento B, comprendendo as parcelas propiedade de Josefa Ares González, sita no alargamento B na r/ Bolivia e na parcela propiedade de Alfredo Fernando Pérez Pérez, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

O Concello Pleno, en sesión do 30 de decembro de 1998, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 22/1998, na parcela propiedade de Josefa Ares González, situada no alargamento B na r/ Bolivia e a parcela propiedade de Alfredo Fernando Pérez Pérez, cualificadas no Plan Xeral como edificable en 104 m e como zona dotacional (SC5) en 165,25 m, respectivamente, no ámbito da UR-20. No Diario Oficial de Galicia do 10 de marzo de 1999 e no Ideal Gallego do 23 de xaneiro de 1999

publicouse o anuncio de aprobación inicial, someténdose a información pública polo prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de información pública e non presentada ningunha reclamación, segundo consta no certificado no rexistro xeral, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 16 de abril de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou proporlle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 22/1998 no alargamento B, que abrangue as parcelas propiedade de Alfredo Fernando Pérez Pérez e Josefa Ares González que compoñen as dúas zonas da unidade. Zona 1, parcela de 104 m, destinados a edificación residencial, coas seguintes estremas: norte, parcela cedida ó concello; leste, Prominfer; sur, en liña de 10 m, r/ Bolivia e oeste, Gómez e Gómez Ferrol, S.L. Zona 2, parcela de 165,25 m, destinada a zona dotacional de sistema local (SC5), coas seguintes estremas: norte, Concello de

Ferrol; sur, traseira da edificación de Josefa Ares na r/ Bolivia; leste, herdeiros de Villar Méndez e oeste, herdeiros de Santiago Rivero. Os terreos abranguidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos Arts.116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no Art. 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14-7-1998).

Ferrol, 2 de xuño de 1999.

Alcalde

P.D.

Mario Villaamil Pérez