Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do vintesete de maio de mil novecentos noventa e nove, acordou aprobar inicialmente a modificación do Plan especial de acondicionamento e ordenación para Usos Universitarios do antigo hospital de Esteiro (PE-5) e dispoñe-la apertura do trámite de información pública.

A citada modificación exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), quedando o expediente á disposición de todo aquel que queira examinalo.

O expediente poderase examinar na Xerencia de Urbanismo do concello en horario de oficina.

Ferrol, 2 de xuño de 1999.

Alcalde

P.D.

Mario Villaamil Pérez