Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 10.004

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

EDICTO.

Manuel Vicente Brioso Jiménez, tenente de navío da reserva naval activa, instructor designado para o expediente administrativo nº 28/1998, sobre o achado de dous tanques cilíndricos, fai saber:

Que o día trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito, o remolcador Ría de Vigo atopou dous tanques cilíndricos de aceiro inoxidable de 15 m de longo e 5,5 m de diámetro en alta mar, fronte á costa de Galicia. Estes tanques están depositados no peirao centenario do porto da Coruña.

O que se fai público consonte o disposto no artigo 48 da Lei 60/1962, do 24-12-1962 (BOE número 310), co fin de que a persoa que se crea con algún dereito sobre o mencionado achado, compareza nesta Comandancia Militar da Mariña da Coruña, para expo-lo que crea conveniente dentro do prazo de seis meses contados desde a publicación deste edicto.

Transcorrido o dito prazo sen presentarse reclamación, procederase conforme a lei.

(Os gastos derivados da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

A Coruña, 23 de xuño de 1999.

Manuel V. Brioso Jiménez

Tenente de navío