Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 3CCP/1999 que ten por obxecto a adquisición de equipos de administración de fluídos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos e para dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 3CCP/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipos de administración de fluídos.

Lotes:

1.-Equipo de goteo dosificador 150 ml (microgoteiro).

2.-Equipo de goteo estándar.

3.-Dosificador de precisión.

4.-Equipo goteo sen toma de aire.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 34, do 9 de febreiro de 1999 e no DOG nº 29, do 12 de febreiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 73.663.776 ptas., (IVE incluído) (setenta e tres millóns seiscentas sesenta e tres mil setecentas setenta e seis pesetas).

5. Adxudicacións.

a) Data: 3 de xuño de 1999.

b) Contratistas:

Lote 1: deserto.

Lote 2: Baxter, S.A., Del's Gremis nº 7, Valencia.

Lote 3: Laboratorios Abbot, S.A., r/ Josefa Valcárcel 48, 28027 Madrid.

Lote 4: Sendal S.A., estrada nacional Madrid-Cáceres, 10350 Almaraz (Cáceres).

c) Nacionalidade:

d) Importe total da adxudicación: 63.039.736 ptas.

Lote 1: deserto.

Lote 2: 51.446.400 ptas.

Lote 3: 11.203.000 ptas.

Lote 4: 390.336 ptas.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña