Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 2DP/1999 que ten por obxecto a adquisición de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle

foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos e para dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 2DP/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material de incontinencia urinaria.

Lotes:

1.-Empapador reutilizable de cama con faldróns.

2.-Absorbente incontinencia anatómico día.

3.-Absorbente incontinencia anatómico supernoite.

4.-Absorbente incontinencia con elásticos tamaño mediano e tamaño grande.

5.-Absorbente incontinencia con elásticos tamaño pequeno.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 72, do 25 de marzo de 1999 e no DOG nº 63, do 5 de abril.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 55.999.200 ptas., (IVE incluído) (cincuenta e cinco millóns novecentas noventa e nove mil duascentas pesetas).

5. Adxudicacións.

a) Data: 3 de xuño de 1999.

b) Contratistas:

Lote 1: Dimida Fermonti, S.L., Ronda do Carme 7-baixo, Lugo.

Lote 2: Indas, S.A., Camino de las Huertas 2, 28223 Pozuelo (Madrid).

Lotes 3 e 5: SCA Hygiene Products, Avda. de Europa 22, 28108 Alcobendas (Madrid).

Lote 4: ID Médica España, S.A., Plaza Tirant lo Blanc 3, 08005 Barcelona.

c) Nacionalidade:

d) Importe da adxudicación: 48.952.155 ptas.

Lote 1: 8.550.000 ptas.

Lote 2: 4.640.634 ptas.

Lote 3: 16.178.400 ptas.

Lote 4: 18.844.500 ptas.

Lote 5: 738.621 ptas.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña