Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 1CCP/1999 que ten por obxecto a adquisición de guantes.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos; e para dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 1CCP/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de guantes.

Lotes:

A.-Guante de cirurxía (varios números).

B.-Guante cloruro de vinilo non estéril.

C.-Guante estéril planta (varios números).

D.-Guante látex non estéril.

E.-Guante plástico non estéril.

F.-Guante cirurxía antialérxico.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 34, do 9 de febreiro e no DOG nº 29, do 12 de febreiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 81.580.800 ptas., (IVE incluído) (oitenta e un millóns cincocentas oitenta mil oitocentas pesetas).

5. Adxudicacións.

a) Data: 3 de xuño de 1999.

b) Contratistas:

Lote A: Kendall Proclinics, S.L., Ronda del Pedregar nº 4, 08160 Montmeló (Barcelona).

Lotes B, C e D: Izasa, S.A., r/ Aragón nº 90, Barcelona.

Lote E: Ibergom, S.A., r/ Galileo, nº 247, Barcelona.

Lote F: Baxter, S.A., polígono industrial Vara de Quart, r/ Del's Gremis nº 7, Valencia.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 64.194.255 ptas.

Lote A: 21.583.200 ptas.

Lote B: 5.555.280 ptas.

Lote C: 1.844.400 ptas.

Lote D: 25.323.175 ptas.

Lote E: 2.758.800 ptas.

Lote F: 7.129.400 ptas.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña