Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-1-IV/78, conta 33 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Manuel Caride Beceiro e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 179/1999).

Conta: 33.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-6, baixo I, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 1.095.783 ptas.

Data notificación: 23-6-1999 (11.20 h.) e 24-6-1999 (11.25 h.)

José A. Allegue Leira e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 196/1999).

Conta: 105.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-15, 3º I, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 1.049.229 ptas.

Data notificación: 23-6-1999 (11.30 h.) e 24-6-1999 (11.35 h.).