Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-1-IV/78, conta 8 e catro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Amador Trillo Morado e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 164/1999).

Conta: 8.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-2, 1º I, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 966.634 ptas.

Data notificación: 17-6-1999 (11.30 h.) e 18-6-1999 (11.20 h.)

Celso Neira Caínzos e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 172/1999).

Conta: 22.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-4, 1º B, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 1.249.778 ptas.

Data notificación: 17-6-1999 (11.35 h.) e 18-6-1999 (11.20 h.).

Elisa Fariña Carrasco e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 175/1999).

Conta: 25.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-4, 2º B, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 1.249.778 ptas.

Data notificación: 17-6-1999 (11.35 h.) e 18-6-1999 (11.25 h.)

Ramón Cortizas García e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 178/1999).

Conta: 32.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-5, 2º D, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 1.043.760 ptas.

Data notificación: 17-6-1999 (11.35 h.) e 18-6-1999 (11.20 h.)

Santiago Fariña Carrasco e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/78 (Desafiuzamento F.P. 192/1999).

Conta: 78.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-12, 1º A, Polígono de Caranza, (Ferrol).

Importe débeda: 599.418 ptas.

Data notificación: 17-6-1999 (11.45 h.) e 18-6-1999 (11.30 h.)