Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de xuño de 1999, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Campo, a favor dos veciños da Eirexa, parroquia de Beiro, no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión do 18 de decembro de 1996, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños da Eirexa, do monte denominado O Campo no concello de Ourense e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Ourense.

Monte denominado: O Campo.

Comunidade propietaria: veciños da Eirexa (Beiro).

Superficie: 10.500 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: destro parroquial.

Sur: Secundino Nóvoa González, Julián Encinas, Pilar Araújo Álvarez, e outros.

Leste: herdeiros de Manuel Diz, Pilar Nóvoa Domato, Secundino Nóvoa González, e outros.

Oeste: comunal parroquia.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de xuño de 1999.

Míriam López Areal

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense