Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Galega Monte Industria.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvememto da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 6 de xullo de 1999, certificación asinada polo director da devandita asociación, Javier Viña González, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola xunta de goberno da referida asociación, o día 6 de abril de 1999, consistente no cambio do domicilio social que queda fixado na rúa Oslo, 5-3º E de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais