Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Empresas de Servicios Forestais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 9 de xullo de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Javier Viña González, co visto e prace do presidente, Alfonso Fernández González, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola asemblea xeral da referida asociación o día 29 de xuño de 1999, consistente no cambio do domicilio social, que queda fixado na rúa Oslo, 1-1º E de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais