Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación A Miñoca.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación A Miñoca que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: interprovincial (Pontevedra e A Coruña).

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que estean en posesión do permiso de explotación para exerce-la actividade marisqueira a pé.

Asinan a acta de constitución: Rosa Lino Verde e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais