Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo galego de editoriais para o ano 1999.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión negociadora do convenio colectivo o 25 de xaneiro de 1999, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto original ó correpondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Revisión salarial do convenio colectivo galego

de editoriais para o ano 1999

A comisión negociadora do convenio colectivo, en reunión ordinaria celebrada o 25 de xaneiro de 1999 adoptou o seguinte acordo:

-Actualización das retribucións salariais do ano 1999.

Consonte o artigo 7.3º.1 do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 1999, a porcentaxe de aumento da contía do salario base de convenio será equivalente ó IPC previsto polo Goberno central.

A comisión negociadora acorda proceder á actualización das retribucións consonte a táboa salarial anexa.