Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.974

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999 pola que se convocan os opositores das probas selectivas para ingresar no Gabite Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como expertos en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida, para a práctica do primeiro exercicio.

De acordo coas bases 1.5 e 6.3 da Resolución do 3 de maio de 1999, pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do

CES-Galicia, como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida, publicada no DOG, do 18 de maio de 1999.

O Tribunal cualificador, na súa sesión 1/1999, celebrada o 26 de xullo de 1999,

RESOLVE:

Convoca-lo opositores para a práctica do primerio exercicio, de acordo cos prazos que se especifican nas bases 1.5 e 6.3 da dita resolución:

Data: 6 de marzo do ano 2000.

Lugar: CES-Galicia, rúa Algalia de Abaixo, nº 24, Santiago de Compostela.

Hora: 1ª proba: 10 horas; 2ª proba: 11.30 horas.

En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos por membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Luis Caramés Viéitez

Presidente do tribunal cualificador