Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 228/1999, do 15 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación para a ampliación e mellora de infraestructuras de abastecemento e saneamento en Santiago de Compostela.

O Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), en sesión celebrada o día 28 de novembro de 1997, aprobou o proxecto de expropiación para a ampliación e mellora de infraestructuras de abastecemento e saneamento en Santiago de Compostela e na sesión celebrada o día 30 de xullo de 1998 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6 de xullo de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a finalidade do proxecto é recolle-los vertidos de augas residuais a través da construcción dun colector interceptor xeral, evitando os efectos sanitarios negativos producidos pola dispersión de vertidos residuais con perigo evidente de desordes sanitarias. Así mesmo, coa realización das obras conséguese un tratamento adecuado de augas e vertidos do que carece na actualidade o tramo de obra (Trasmonte do Seixo-Villestro-Outerio-Castiñeiriño).

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e nece

sarios para a execución das obras do proxecto de expropiación para a ampliación e mellora de infraestructuras de abastecemento e saneamento en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais