Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 229/1999, do 15 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto técnico de expropiación San Lázaro, terceira fase, ZD-2, PR-4.

O Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 1998, aprobou o proxecto de proxecto técnico de expropiación forzosa San Lázaro, 3ª fase, ZD-2, PR-4 e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 29 de xuño de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, debido a que a estrada de Lugo (CN-547), ó seu paso por San Lázaro, está sufrindo cambios respecto á demanda de uso e funcionalidade por varios motivos: creación de novas rúas de acceso a equipamentos tan importantes como estadio de San Lárazo, Palacio de Congresos, entrada ó polígono das Fontiñas. Por iso, a implantación da nova área deportiva, con accesos principais ó sistema xeral viario e unha previsión de áreas de aparcadoiro con suficiente capacidade, son necesidades perentorias para soluciona-los problemas derivados de equipamentos de nova creación nunha zona na que confluíron importantes realizacións.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Gali

cia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de proxecto técnico de expropiación San Lázaro, 3ª fase, ZD-2, PR-4.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais