Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.969

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 227/1999, do 2 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Cervo (Lugo), dos bens e dereiros necesarios para a realización das obras do proxecto de paseo marítimo do Torno, San Cibrao, termo municipal de Cervo.

O Concello de Cervo (Lugo), en sesión celebrada o día 22 de setembro de 1995, aprobou o proxecto de paseo marítimo do Torno, San Cibrao, termo municipal de Cervo e na sesión do día 17 de outubro de 1998 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para correcta tramitación do expediente, con data en entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 27 de setembro de 1999.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 17 de xuño de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque o estado de abandono e ameaza de ruína dos inmobles estremeiros supoñen un perigo para os viandantes que transiten pola zona.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Cervo (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de paseo marítimo do Torno, San Cibrao, termo municipal de Cervo.

Santiago de Compostela, dous de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais