Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/73-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Euro Vento, S.L. Unipersonal.

Enderezo social: Galeras 17, 3º, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación recarea 66/30 kV.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: subestación eléctrica 66/30 kV de Recarea, (Mazaricos) constituída por: seccionador xiratorio tripolar de 72,5 kV e 1.600 A. Interruptores automáticos de potencia de 72,5 kV e 2.000 A. Trafos de intensidade e de tensión. Pararraios autoválvulas de 72,5 kV. Transformador de potencia de 40 MVA. 2 baterías de condensadores de 6 MVAR e 3 MVAR, 30 kV. Liñas eléctricas aero-subterráneas das seguintes características: dúas liñas subterráneas de media tensión, a 30 kV, baixo tubo con conductor R.H.V.-18/30 kV de 3(1x240) mm Al de lonxitude de 110 m e 120 m, con orixe na liña evacuación enerxía de Paxareiras I e II e final en celas de 30 kV, subestación Recarea. Liña aérea a 66 kV, sobre apoios metálicos e conductor LA-280 de 60 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 30 da anterior liña a 66 kV e final en Pórtico subestación Recarea. Liña aérea a 30 kV, sobre apoios metálicos e conductor LA-380 de 10 m de lonxitude, con orixe no apoio 31 e final apoio 31 bis, inmediacións

subestación Recarea. Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña