Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L.

Enderezo social: estrada de Santiago, km 246-Gustei, 32100 Coles.

Denominación: instalación eléctrica en industria.

Situación: parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 70 m de lonxitude en conductor de aluminio, con orixe no C.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. sito no parque empresarial do Pereiro de Aguiar e remate no C.T. proxectado en edificio prefabricado de formigón compacto con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V dentro da parcela do peticionario. R.B.T. subterránea de 28 m en cable de cobre con illamento en polietileno reticulado para 0,6/1,0 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de xuño de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense